Convocatorias procesos de estabilización de emprego temporal do Concello de Touro

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña números 247, do 30 de decembro de 2022, e 24, do 3 de febreiro de 2023, figuran publicadas as bases xerais e específicas das convocatorias para os procesos de estabilización de emprego das seguintes prazas de persoal labaoral fixo:

- Unha praza de auxiliar de servizos sociais

- Unha praza de condutor/a encargado/a de camión de la basura

- Unha praza de animador/a deportivo/a

- Unha praza de auxiliar do servizo de axuda no fogar (SAF)

- Unha praza de encargado/a do Punto de Atención á infancia(PAI) 

- Unha praza de auxiliar de apoio no Punto de Atención á infancia (PAI)

No Boletín Oficial do Estado número 49, do 27 de febreiro en curso, publícase o extracto das convocatorias e o prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse a través da Sede Electrónica do Concello conforme ao modelo que figura como Anexo das bases xerais, xunto co Anexo II e demais documentación establecida nas bases específicas.

Figuran a continuación o Anexo I (solicitude) e os Anexos II (autobaremo) de cada convocatoria en formato pdf autoeditable, que poden descargarse para facilitar a súa cumprimentación.