A nova convocatoria de Axudas Leader 2023-2024 publícase hoxe no DOG, o prazo para solicitala remata o 31 de xaneiro de 2023.
O GDR Ulla Tambre Mandeo conta con 605.646,38 euros nesta nova convocatoria para o financiamento de proxectos no territorio das comarcas de Arzúa e Melide, no que se inclúe o Concello de Touro..
A esta convocatoria poden presentarse:
Proxectos produtivos promovidos persoas xurídicas ou físicas que queiran poñer en marcha un novo negocio ou ampliar ou modernizar o que xa teñen.
Proxectos non produtivos promovidos por concellos do territorio.
Proxectos non produtivos promovidos por entidades sen ánimo de lucro e asociacións do territorio.
Máis información, no cartel adxunto.