Patrimonio

Patrimonio natural e cultural, no concello de Touro, son todo un. Causa e efecto da historia destas terras. E nada mellor para descubrila que seguir as súas pegadas por cada unha das súas 19 parroquias.

En canto aos vestixios que agora nos ocupan, podemos remontarnos ata a época megalítica e as súas mámoas, sen descartar algún petróglifo pasamos á idade de ferro e os seus castros, seguida da romanización dalgúns deles e as vías de comunicación, para penetrarnos na época medieval e no descubrimento dos restos do Apóstolo. Feito que marcará un antes e un despois no devir histórico.

Da idade moderna, os pazos e casas grandes son o seu máximo expoñente, sen esquecernos doutros elementos como muíños, pesqueiras, hórreos… e da idade contemporánea destacar a construción do encoro e o interese por parte do concello de avanzar cos tempos, xa sexa coa construción dunha nova Casa Consistorial ou o Centro de Interpretación Río Ulla.

 


Para máis información www.touroturismo.com