CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2020

Obxecto

Estadía socializadora e de convivencia durante 10 días, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.

 

Requisitos

Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 45 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.

Estar empadroado nalgún concello de Galicia.

Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.

Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.

Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.

Non se admitirá a entrada aos campamentos se a/o participante:

É diagnosticado positivo por COVID-19 segundo os criterios médicos vixentes.

Presenta calquera sintomatoloxía (tos, febre, dificultade ao respirar) que poida estar asociada co COVID-19 durante os 14 días previos á súa participación.

Estivese en contacto estreito ou compartindo espazo sen gardar a distancia interpersoal con algunha persoa afectada por COVID-19 nos 14 días previos á súa participación.

Campamentos quendas específicas

Prezo xeral: 125 €

Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€

Prezo con Carné xove (-25%): 93,75€

Prazo de presentación

Do 16 ao 30 de xuño, incluído.

MÁIS INFORMACIÓN: PRESENCIAL OU TELEFÓNICAMENTE NOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO: 981504000/981504029