Esta asociación naceu en 1992 e ten a súa sede na parroquia de Touro, concretamente en Fonte Díaz, facendo as súas reunións no local parroquial.
Dende que se fundou tivo uns fins e uns obxectivos específicos:
- Promover a plena realización do principio de igualdade de dereitos de tódolos socios e contribuír ó desenvolvemento social, cultural e económico no seu ámbito de actuación.
- Posta en práctica de diversas actividades de tipo cultural e de lecer, como excursións, festas como magosto, festa na Área Recreativa de A Santaia, etc.
- ASOCIACIÓN CULTURAL "AMOR"
A asociación cultural de Amas de Casa "Amor" de Touro, naceu a finais do anos oitenta, na parroquia de Touro, máis concretamente en Fonte Díaz.
Foi unha asociación creada, nun principio, como respaldo ás actividades realizadas polas amas de casa, pero, co paso dos anos as súas actividades foron aumentando e diversificándose. Así pódese destacar:
- Colaboraron cás distintas agrupacións que se formaron no seu seno, como foron o grupo de baile, o grupo de gaitas e a coral, dos cales, só esta última se mantén en funcionamento có apoio da asociación e do propio concello.
- Realizar actividades destinadas ás propias amas de casa, como cursos educativos, ximnasia, etc.
- Axudar de forma voluntaria nos eventos realizados polo concello.
Esta é a asociación de veciños de Loxo. Localízase na parroquia de Loxo, e está en funcionamento dende o 25 de Outubro de 1991.
É unha asociación veciñal que promociona a cultura. Dentro dos seus obxectivos fundamentais están:
- Organización, planificación e realización de diversas actividades, onde destaca fundamentalmente o fomento da cultura en tódalas súas vertentes.
- ASOCIACIÓN MULLERES RURAIS "A ENCRUCILLADA"
Esta asociación localízase na parroquia de Vilar, e data do ano 1994.
O seu obxectivo fundamental, dende a súa fundación, é a integración de tódolos veciños de Vilar na vida social e cultural da parroquia. Neste senso, a asociación desenvolve diferentes actividades, como cursos de aprendizaxe, excursións, etc., actividades abertas a toda a xente da parroquia e de outras veciñas que desexen participar.
- ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE TOURO
Esta asociación localízase na parroquia de Touro, e unha asociación bastante recente.
O obxectivo principal desta asociación é o de integrar e conseguir unha igualdade social dentro da propia parroquia. Para conseguir este obxectivo, na asociación lévanse a cabo numerosas actividades como cursos, charlas, excursións, etc.
- ASOCIACIÓN "AS MIMOSAS DE MOURATÓN"
Esta asociación localízase na parroquia de Fao, e tamén é unha das máis recentes, xa que se fundou no 2001.
A asociación foi creada cós seguintes propósitos:
- Promoción e defensa dos asociados e as súas familias en temas de interese social, cultural, laboral e comunitario.
- Programar e coordinar actividades encamiñadas a promocionar o asociacionismo xuvenil.
- Promover a formación ecolóxica e o respecto polo medio ambiente.
Así mesmo, para levar a cabo estes obxectos, a asociación pon en práctica a realización de actividades de animación e participación dos veciños, actividades formativas e xestións encamiñadas a conseguir mellores servicios á comunidade.
Esta é a asociación de veciños de SanTirso de Cornado, que foi fundada no ano 1999.
Presenta unhas características similares ás anteriores, onde se manifesta como obxectivo principal o asociacionismo veciñal e a integración social.
Para alcanzar este obxectivo primordial, realízanse actividades que permitan a participación e integración de tódolos veciños e socios da mesma.
Esta asociación de veciños fundouse no ano 1995, acollendo as parroquias de Fonte Rosas e Enquerentes. E a súa localización, normalmente é na parroquia de Enquerentes.
Esta naceu con uns fins e uns obxectivos ben definidos:
- Promoción e defensa dos seus asociados e das súas familias en temas de interese social, cultural, laboral, agrícola e comunitario.
- Formación e defensas dos valores ecolóxicos e de respecto e coidado do medio ambiente.
- Promoción da integración dos membros na comunidade, loitando contra a marxinación social.
- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE BESEÑO
Localízase na parroquia de Beseño e foi creada en 1989.
Dende a súa fundación ten como obxectivos primordiais:
- A mellora sociocultural da parroquia.
- A promoción e creación de servicios sociais necesarios para a comunidade parroquial e a defensa dos intereses xerais dos veciños.
- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PREVEDIÑOS
Esta asociación sitúase na parroquia de Prevediños, e data do ano 1990.
Desde a súa creación ten como obxectivos:
- Mellora da parroquia.
- Organización de actividades deportivas e recreativas.
- Fomenta-la realización de actividades de ocio e tempo libre.
- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN FÉLIX DE QUIÓN
A asociación de veciños de Quión, localízase na parroquia de Quión, e foi creada no ano 1992.
Ó igual que as outras asociacións de veciños do concello, ten como obxectivo fundamental a integración dos veciños da parroquia, e a mellora dos equipamentos da mesma. Tamén realiza actividades culturais, excursións, e as típicas sardiñada e castañada.
- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN BREIXO DE FOXÁS
Fundada en 1998 a partir da antiga asociación de veciños de Foxás que era máis antiga.
A actividade máis importante desta asociación é a Romaría do San Breixo, de gran fama non só no concello de Touro, senón tamén en concellos limítrofes.
Pero non só centran a súa actividade nesta romaría, senón tamén noutro tipo de actividades como a Coral, e outras actividades de integración social como a Sardiñada ou o Magosto, sempre apoiados e respaldados polo concello.
- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN MIGUEL DE VILAR
Fundouse o 19 de Marzo de 1992, en Vilar, onde tamén se sitúa.
Dende a súa fundación, as principais finalidades a levar a cabo foron:
- Colaborar na mellora da parroquia.
- Organizar actividades deportivas e recreativas.
- Fomentar actividades veciñais e culturais.
- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SAN VICENTE DE BAMA
É unha asociación bastante recente que se creou en agosto de 1998, na parroquia de Bama.
Os obxectivos e finalidades dende a súa creación foron:
- Promoción social, cultural e económica da parroquia.
- Realización de prestacións e servicios á xuventude.
- Actividades de promoción de asociacionismo.
- ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SANTA ISABEL DE BENDAÑA
Fundouse na parroquia de Bendaña en Novembro de 1995.
O principal obxectivo era o de promover iniciativas para melloralo desenvolvemento da parroquia. Así mesmo tamén destacan actividades como:
- Promoción e organización de festas parroquiais.
- Realización de cursillos de aprendizaxe.
- Magosto e Sardiñada.
- ASOCIACIÓN XUVENIL SALTO DAS POMBAS
Localízase na parroquia de Touro e fundouse no ano 1998.
A característica fundamental desta asociación é que está destinada a promover actividades de tipo xuvenil. Destacan sobre todo actividades de ocio, esparcemento e deportes.
Os obxectivos que se pretenden realizar son:
- Promocionar as persoas no enriquecemento da súa personalidade.
- Pormocionar e atender socialmente a unha poboación concreta como é a xuvenil.
- Espertar o desexo de progreso.
- Elevar o nivel de vida da comunidade atendendo aspectos concretos da súa realidade.