Pulse sobre a Parroquia para obter máis información.
San Xoán de Touro é unha parroquia situada aproximadamente no centro do municipio, albergando a capital, Fonte Díaz. Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 636 habitantes distribuidos en 6 entidades de poboación.
Ademais de Fonte Díaz tamén pertencen a esta parroquia as aldeas de Barral, Bentín, A Cruz de Méndez, Mourelos Ermo (coñecido por Mourelos de Abaixo), Mourelos Poboado (Mourelos de Arriba) e Santaia.
- PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO: Castro e Túmulos na Cruz de Méndez.
- ARQUITECTURA RELIXIOSA: Igrexa de San Xoán, Casa Reitoral e Cruceiro, en O Barral. Igrexa Nova en Fonte Díaz.
- ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR: Muíño na Santaia e Lavadoiro en Bentín.
- RECURSOS NATURAIS: Área Recreativa da Santaia.