Touro

Parroquia de Bama Parroquia de Loxo Parroquia de Touro Parroquia de Quion Parroquia de Beseño Parroquia de Andeade Parroquia de Turces Parroquia de Calvos Parroquia de Circes Parroquia de Cornado Parroquia de Novefontes Parroquia de Fao Parroquia de Ribeira Parroquia de Fontes Rosas Parroquia de Enquerentes Parroquia de Foxas Parroquia de Vilar Parroquia de Bendaña Parroquia de Prevediños mapa de parroquias

Pulse sobre a Parroquia para obter máis información.

 
 

San Xoán de Touro é unha parroquia pertencente ó concello de Touro. Situada aproximadamente no centro do Concello, alberga a capital do concello, Fonte Díaz.

Limita ó norte ca parroquia de Cebreiro (San Xiao) do concello de O Pino, ó oeste con Loxo (Santa María), ó suroeste con Ribeira (San Pedro), ó sur con Fao (Santa Uxía), ó sueste con Andeade (Santiago) e ó leste con Quión (San Fiz).

Ademais de Fonte Díaz tamén pertencen a esta parroquia as aldeas de Bentín, A Santaia, O Barral, Mourelos Ermo (chamado Mourelos de Abaixo pola xente), Mourelos Poboado (o nome popular é Mourelos de Arriba) e A Cruz de Méndez.

A parroquia é atravesada de oeste a leste, ou de leste a oeste segundo se mire, pola estrada comarcal AC-240, a cal tamén pasa por cinco das outras seis aldeas da parroquia. Esta estrada cruza o concello de Touro de suroeste a nordeste.

Nesta parroquia están situados edificios coma a casa do concello, o Colexio Público Integrado "Fonte Díaz", a piscina municipal, o cuartel da Garda Civil, a Área Recreativa da Santaia, unha residencia da terceira idade, e outros edificios de interese. Ademais no norte da parroquia aséntase parte dunha escombreira dunha antiga mina de cobre.

A Igrexa parroquial está situada na aldea de O Barral, ainda que hai outra construida na aldea de Fonte Díaz máis recentemente e que se usa con moita máis frecuencia.

RECURSOS NATURAIS:

FLUVIAIS:

Entorno Fluvial de A Santaia.

BOSCOSOS:

Carballeira de A Santaia.

ÁREAS RECREATIVAS:

Área Recreativa de A Santaia.

RECURSOS CULTURAIS:

ARQUITECTURA RELIXIOSA:

Igrexa de San Xoán de Touro.
Igrexa Nova
Casa Rectoral de San Xoán.

ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR:

Muíño de A Santaia.
Lavadoiro de Bentín.