Campaña de neve 2025 da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña programa a Campaña da Neve 2025 na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para nenos e nenas de toda a provincia con idades entre os 11 e o 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2024).

Ao Concello de Touro concedéronlle 4 prazas (imprescindible estar empadroado en Touro), na 6ª quenda entre o 14 e o 17 de febreiro de 2025. No caso de que se rexistren máis solicitudes, procederase a un sorteo diante do secretario municipal.

O prezo da viaxe será de 85€ que inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

🔴🔴 Prazo de inscrición do 8 de novembro ao 2 de decembro no servizo de deportes do Concello ou no teléfono 981 504 029