O Concello de Touro vai realizar as actuacións incluídas no proxecto “Sinalización turística de dúas rutas sendeiristas para manter a homologación (PR-G 93 e PR-G 121)”, consistentes na adecuación da sinalización existente e colocación de nova sinalización en emprazamentos estratéxicos situados nos espazos naturais polos que discorren as rutas PR-G 93: Ruta da ribeira do Ulla e PR-G 121: Ruta dos tres ríos.
O proxecto finánciase nun 65 por cento do orzamento subvencionable con cargo á subvención concedida pola Axencia Turismo de Galicia ao abeiro da Resolución do 19 de febreiro de 2016.